ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN CONTRATO SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON PLATAFORMA, BRAZO ARTICULADO E CESTA (SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA)
Lunes, 30 de Mayo de 2011| adminPola presente faise público que a Xunta de Goberno Local en sesión feita o oito de abril de dous mil once acordou contratar a “subministración dun camión con plataforma, brazo articulado e cesta”, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa empresa que presentou a oferta máis vantaxosa, “Manuel Rey S.A. Betanzos” con un prezo de 62.712,28 euros, cun prazo de entrega ata o quince de xullo de dousmil once e a dous anos de garantía da maquinaria subministrada, formando parte do contrato o prego de condicións administrativas, prego de características técnicas e a proposta presentada pola empresa adxudicataria.
Así mesmo faise público que dito contrato foi formalizado o vinte e cinco de abril de dous mil once.
Coirós, vinte e oito de abril de dous mil once
O SECRETARIO